A UPD visita ao Obradoiro de Emprego FORCAREI I

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

Ante o inminente remate do Obradoiro de Emprego FORCAREI I a UPD da Deputación de Pontevedra fai unha visita as súas instalacións para obter información sobre o seu desenvolvemento. Mediante unha enquisa ao alumnado e ao persoal docente e directivo, e mediante visita ás obras executadas polo alumnado, trátase de acadar conclusións sobre o seu funcionamento, determinando puntos fortes e débiles na súa evolución para así poder evidenciar posibles fallos ou acertos no proxecto e corrixilos ou validalos  en vindeiros proxectos de obradoiros de emprego.

O proxecto de Obradoiro de Emprego FORCAREI I foi o primeiro redactado por esta UPD e neste mes remata a súa andaina logo de 12 meses de actividade nos que se formou a 27 alumnos nas especialidades de Albanelería, Xardinería-Forestal e Carpintería e foi promovido polo Concello de Forcarei.

Obras de rehabilitación (albanelería e carpintería) da casa-escola de Vilar no Concello de Forcarei.

Obras de rehabilitación (albanelería e carpintería) da casa-escola de Vilar no Concello de Forcarei.
Fonte: UPD da Deputación de Pontevedra

Rotonda do polígono industrial de Vilapouca arranxada polo obradoiro de emprego na especialidade de xardinería-forestal no Concello de Forcarei.

Rotonda do polígono industrial de Vilapouca arranxada polo obradoiro de emprego na especialidade de xardinería-forestal no Concello de Forcarei.
Fonte: UPD da Deputación de Pontevedra