Visita ao concello de Poio co fin de coñecer as áreas de actuación de xardinería a incluir no Proxecto de Obradoiro de Emprego

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

Técnicos da UPD da Deputación de Pontevedra, desprázanse ao concello de Poio, co obxecto de visitar e coñecer o estado actual dos espazos verdes susceptibles de actuación na especialidade agraria do futuro Obradoiro de Emprego.
Acompañados polo Concelleiro de Desenvolvemento Local e pola Axente de Emprego e Desenvolvemento Local do concello, os técnicos da UPD visitaron ademais dunha zona forestal en Raxó, as zonas verdes de A Seca, Lourido, A Caeira e Ferreirós,  co fin de valorar as posibilidades de cada unha delas e así poder elaborar a memoria valorada de actuacións de xardinería para o Proxecto de Obradoiro de Emprego que se presentará na próxima convocatoria.

 

Zona de actuación en A Caeira

Zona de actuación en A Caeira
Fonte: Proxecto UPD