A UPD está a colabor no proxecto Pousadas do Salnés

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

A UPD, está a desenvolver actuacións  dirixidas á posta en valor  do patrimonio natural e etnográfico da comarca do Salnés que darán un impulso a esta zona no ámbito turístico e cultural.
Estase elaborando a  documentación descritiva das construcións accesibles Pousadas-Xardín e das sendas fluviais que está a habilitar o Proxecto Pousadas e  organizando  a información para a difusión e promoción das accións realizadas nas sendas fluviais; por un lado  traballo de campo (xeorreferenciación e creación dun fondo fotográfico) e por outro, a catalogación dos elementos patrimoniais destas sendas (muíños, fontes, lavadoiros, etc.).
Esta documentación permitirá a elaboración de diferentes materiais de difusión (paxina web, dípticos e publicacións varias).
O Proxecto Pousadas do Salnés pretende  impulsar o turismo accesible e sostible na comarca do Salnés a través de:

  • A creación de catro Pousadas-Xardín accesibles ubicadas en Meis, Meaño, A Lanzada e Ribadumia.
  • A apertura de novas rutas e mellora da accesibilidade doutras existentes e do patrimonio cultural da zona nas sendas dos ríos Armenteira (Ruta da Pedra e da Auga), Cañón , Chanca, Currás, Dorrón, San Martiño e Umia.
  • Posta en valor dos xacementos nas escavacións arqueolóxicas de A Lanzada (Sanxenxo) e O Castro (Ribadumia).

Senda fluvial do río da Chanca

Senda fluvial do río da Chanca
Fonte: Proxecto UPD