Técnicos da UPD asisten á xornada "V Edición do Día do Emprendedor"

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

O día 16 de xuño de 2010 técnicos da UPD asistiron á "V Edición do Día do Emprendedor" en Santiago de Compostela. Esta xornada estivo organizada pola Dirección Xeral de Política da Pyme que en Galicia é desenvolvida polo Igape e Bic Galicia.

Os técnicos estiveron presentes en diversas ponencias co fin de obter información sobre as distintas iniciativas cara a promoción dos emprendedores  e de intercambiar experiencias coa rede de técnicos locais de emprego para prestar un mellor servizo a estes dende a Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Deputación de Pontevedra.

O contacto directo con novas experiencias emprendedoras e cos novos nichos de emprego, supón un novo impulso e un contacto coa realidade emprendedora que nos rodea e que abre a mente para futuros proxectos a implantar dende esta UPD.