XORNADA “DepoOrienta”. Obradoiro de Emprego “Lalín Social III”.

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

Trala celebración das xornadas de “DepoOrienta” organizadas pola Deputación de Pontevedra a través do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios e dirixidas ao alumnado dos Obradoiros de Emprego “Mobilia II”, “Sanxenxo Móvese" e do proxecto “Pousadas do Salnés”, o día 25 de outubro, celebrouse nesta ocasión no Obradoiro de emprego “Lalín Social III”, co obxectivo de facilitar ós participantes do mesmo formación complementaria que lles permita mellorar as técnicas de busca de emprego.

A temática das mesas de traballo impartidas por persoal técnico da UPD e un Axente de Desenvolvemento Local da propia Deputación de Pontevedra, foron as seguintes:

  • Mesa 1: Obxectivo e proxecto profesional. A axenda de busca de emprego
  • Mesa 2: Autoemprego

Esta xornada celebrouse no Centro de Formación Ocupacional de Lalín sito no Polígono Industrial de Lalín 2000.

Xornada DepoOrienta no Obradoiro de Emprego Lalín Social III

Xornada DepoOrienta no Obradoiro de Emprego Lalín Social III
Fonte: UPD da Deputación de Pontevedra

As 32 persoas que se están a formar no citado obradoiro nas especialidades de “Agricultura Ecolóxica”, “Atención Sociosanitaria” e “Mantemento de Edificios”, participaron nesta xornada co obxectivo de adentrarse no mundo do autoemprego como unha posibilidade mais dunha futura inserción laboral e obtiveron formación sobre cómo iniciar o proceso de busca de emprego dunha forma axeitada e organizada.