DepoOrienta. Xornada de Intercambio de experiencias e boas prácticas

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

O día 22 de setembro de 2011 celebrouse "DepoOrienta. Xornada de intercambio de experiencias e boas prácticas" organizada polo proxecto Aquelando2  no Centro Príncipe Felipe, na que colaborou o equipo técnico da UPD Deputación de Pontevedra  no desenvolvemento das mesas de traballo.

Nos últimos tempos a busca de emprego converteuse nun dos obxectivos básicos de milleiros de persoas que, diariamente, tratan de acceder por distintos medios ás ofertas de emprego. Neste marco a xornada DepoOrienta tivo como finalidade formar para mellorar as posibilidades de inserción laboral das persoas participantes nos proxectos “Mobilia II” e “Pousadas do Salnés” ambos programas de formación e emprego que pretenden a inserción laboral alternando a aprendizaxe cun traballo produtivo en obras de carácter público e social.

Cartel da Xornada e mesas de traballo  sobre o Proxecto Profesional e sobre a  Axenda de Busca de Emprego.

Cartel da Xornada e mesas de traballo  sobre o Proxecto Profesional e sobre a  Axenda de Busca de Emprego.
Fonte: Deputación de Pontevedra

A actividade, que tivo un carácter eminentemente práctico e participativo, desenvolveuse en cinco mesas de traballo polas que pasaron cada unha das 70 persoas participantes e que trataban das seguintes temáticas:

  • Mesa 1. Proxecto Profesional
  • Mesa 2. Entrevista de Traballo
  • Mesa 3. Axenda de Busca de Emprego
  • Mesa 4. Autoemprego
  • Mesa 5. CV Europeo

Programa da xornada DepoOrienta

Acceso á Axenda de Busca de Emprego na sección de Publicacións da UPD